AA.VV. Federadas
Listado
San Roque 1ª Travesía de San Honorato nº 3 B
36204 Vigo
Teléfono
986.424.355
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
Dª. Rosa Villar Rodíguez

A Asociación de Veciños de San Roque comeza a súa andadura o día 17 de setembro de 1.977 cando un grupo de veciños, encabezados por Jesús Salvande Rey, reúnense por primeira vez no colexio San Fernando na 1ª travesía Baixada á Salgueira nº 2 xunto coa Asociación de Veciños da Salgueira e propoñen constituírse en asociación independente e redactan os Estatutos da Asociación de Veciños de San Roque “La Rola”.
No ano 1.987 cambia a súa sede social e muda a un local alugado na rúa Couto de San Honorato nº 141 interior, modificando algúns estatutos e pasa a denominarse segundo o seu nome actual. Foi esta unha época de esplendor chegando a ter uns 500 socios. En 1.994 volve a cambiar de sede social pasando a un baixo de aluguer na rúa Couto de San Honorato nº 92. Xa no ano 2.000 consigue un novo local cedido polo Concello de Vigo, no que está actualmente na rúa 1ª travesía de San Honorato nº 3 B.
O principal obxectivo da asociación é a alfabetización da xente do barrio e o desenvolvemento de todo tipo de actividades. Dende o seu comezo tivo como fin primordial a defensa dos intereses dos asociados e facer de interlocutor entre eles e as administracións, tamén buscamos a mellora da calidade de vida dos veciños do Concello de Vigo e todos os nosos visitantes. Na asociación impártense cursos de informática, pilates, risoterapia, tai-chi, mantemento, ioga, baile latino, aula de cultura para mayores, aula de estudos, biblioteca...etc.
A Asociación de Veciños de San Roque da acubillo á Asociación Xuvenil Xentenova que ademáis das súas actividades como independentes, colaboran conosco no que poden. Coa nova iniciativa pretendemos participar e celebrar as festas e eventos do noso barrio e do Concello: Sardiñada de San Xoán, colaborar no que se poida na festa do noso patrón San Roque, magosto, festa do socio, fin de ano, excursións, entroido, concurso Día das Letras Galegas...etc.
Outra área fundamental é intentar solucionar os problemas do barrio, que xunto con outras asociacións conseguiu un centro de especialidades no centro de saúde da Doblada, alumeado público no barrio, saneamento, xardíns e unha das súas grandes loitas: que a Finca de San Roque fose para disfrute do pobo de Vigo e non se privatizase.
A Asociación ten varias vogalías, como a de Muller, Xuventude, Festexos, Asuntos Sociais, Urbanismo e Deportes, nas que pretendemos que participen tódolos veciños, se incorporen novos socios e creza o embrión do barrio.
Facerte socio e participar da asociación ten moitas vantaxes. Como calquer socio tes dereito a voz e voto nas súas reunións e asembleas, participar nas actividades e excursións as viaxes con prezos máis reducidos e estarás convidado a todas cantas festas celebramos: festas de fin de ano, magosto.... FAITE SOCIO POLO BEN DO BARRIO.