Enquisa

Transporte
¿Vigo e a súa área precisan dun transporte metropolitano?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Inicio arrow Novas arrow Infraestructuras arrow Vigo é a grande marxinada na creación de novos servizos xudiciais

Vigo é a grande marxinada na creación de novos servizos xudiciais

A Xunta debe considerar as necesidades reais dunha grande área como é a de Vigo para achegar os servizos á súa cidadanía

A Federación Veciñal “Eduardo Chao” considera un atropello que a Xunta de Galicia descarte a creación do novo xulgado de familia para dar servizo á cidade e área metropolitana. Que se creen nove xulgados en toda Galicia e Vigo quede sen os servizos de familia non fai senón poñer de manifesto os grandes paradoxos que sufrimos nunha cidade que a pesar de ser a máis grande de Galicia non ten o peso político doutros núcleos ou tan só polo feito de non ser capital. Como pode ser que a creación dun xulgado considerado segundo todos os informes como prioritario pasa a ser agora prescindible e se apraza a súa creación? É acaso este o gran proxecto da cidade da xustiza prometido para Vigo?

Se o principio que guía a función das administracións públicas é que os servizos deben estar o máis próximos posible do administrado, sen dúbida esta máxima cobra o seu máximos sentido en Vigo que cunha poboación de case 300.000 habitantes e un área metropolitana que se achega ao medio millón sufre a diario as demoras da xustiza e os tediosos trámites que supón acudir a outras cidades a facer trámites xudiciais. Na creación de novos servizos xurídicos temos que salientar a experiencia positiva que supuxo a posta en marcha doutros servizos como o recente xulgado do mercantil que a diario evita a empresas e particulares aforrar cartos e tempo ao non ter que acudir a outros núcleos para ter servizos.

Comentarios
Engadir novo
Escribir comentario
Nome:
E-mail:
 
Título:
 
Por favor, introduce o código anti-spam que podes ler na imaxe.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."