Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow apoio ao Presidente da Asociación Veciñal de Navia

apoio ao Presidente da Asociación Veciñal de Navia

A FAVEC manifesta o seu apoio ao Presidente da Asociación Veciñal de Navia.

 

A última sanción aplicada ao Presidente da Asociación Veciñal co gallo dunha manifestación que reclamaba melloras no barrio, fai reflexionar a FAVEC sobre a aplicación deste tipo de sancións por parte dos Estamentos Públicos.

 

Lembran que as Directivas e colaboradores/as das Asociacións fan unha labor totalmente altruista pola  veciñanza, e que a aplicación deste tipo de sancións a entidades que velan pola convivencia e mellora dos barrios, requiere dunha sensibilidade por parte das Administracións, sobre todo se estas Administracións non teñen os medios para dilixenciar con tempo suficiente as peticións solicitadas.

 

Comprende que se deben aplicar o lexislado, pero que tamén é importante considerar as circunstancias dos directivos que levan a cabo esas accións e e sobretodo de onde parten as mesmas.