Novas
Infraestructuras
O movemento veciñal da área metropolitana de Vigo presenta as súas demandas de mobilidade A Federación Veciñal Eduardo Chao xunto coas federacións veciñais de Cangas, Moaña e Val Miñor e un total de 33 asociacións veciñais de Vigo, Cangas, Moaña, Porriño, Mos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán e Ponteareas aprobaron nas xornadas o 28 de Novembro de
O obxectivo é recuperar o tempo perdido na articulación dun verdadeiro sistema de mobilidade entre os concellos que conforman a área metropolitana, no que habitan preto de 500.000 persoas e acceden á cidade de Vigo un total de 50.000 vehículos diarios.
Ademais quérese pedir explicacións de porque existe un Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as áreas metropolitanas de Coruña, Ferrol e Santiago dende o ano 2005 e na área de Vigo non existe. Este feito está supondo para os cidadáns de Vigo nestes anos a perda de 12 millóns de euros en axudas ao transporte público.
(abrir artigo para continuar lendo)
O movemento veciñal da área de Vigo ve imprescindible que a Xunta de Galicia, que é a que ten as competencias en mobilidade metropolitana, promova a sinatura deste acordo e que os concellos da área sexan sensibles a esta necesidade. Cómpre lembrar que tanto o goberno do concello de Vigo en mans do PP en 2006 como o actual goberno do PSOE-BNG a principios do ano 2009 tiveron oportunidade de sinatura do citado convenio e non chegaron a acordo cos respectivos gobernos da Xunta nese momento (PP no primeiro caso e PSOE-BNG no segundo). A modo de exemplo, isto supón para un desprazamento en transporte público na área de Vigo está supono un custe de case 2 euros, cando podería facerse por 0,71 euros (según datos do proxecto que mañexaba a Xunta de Galicia en 2008). Dende o movemento veciñal considerase unha irresponsabilidade que isto non se teña feito.
Diante desta situación, en decembro de 2009 solicitouse tanto unha entrevista co Concello de Vigo –que aínda non foi respostada- e unha entrevista co Conselleiro de Medioambiente e Infraestruturas, que si o foi e terá lugar mañá xoves en Santiago e nela presentaranse as demandas aprobadas:
· No primeiro trimestre de 2010 debe quedar asinado o Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e os Concellos da Area Metropolitana para o desenvolvemento conxunto do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.
Este Convenio debe incluír tanto o Transporte Público por Estrada como o Transporte de Ria, e contemplar a incorporación do Transporte Ferroviario de Proximidade á maior brevidade.
· Urxente implantación do Consorcio Metropolitano de Galicia na Comarca de Vigo. Éste Organismo que funciona xa no Norte da Comunidade, é o encargado de desenvolver e xestionar as acción que permiten o funcionamento coordinado do Transporte Público:
o ARMONIZACIÓN DOS INTERESES DAS DISTINTAS CONCESIONARIAS, rescatando as Concesións ou renegociando os seus termos. renegociando, ou rescatando os términos das Concesións.
o COORDINAR OS HORARIOS E TRAXECTOS a fin de mellor OPTIMIZAR OS RECURSOS dunhas e outras.
o CREACION DE UN SISTEMA SAE COMÚN: O Servizo de Axuda a la Explotación (SAE), imprescindible para mellorar as relacións do transporte urbano e o interurbano, marítimo e terrestre.
o ESTRUCTURACION TARIFARIA POR ZONAS OU COROAS para equilibrar costes entre os Concesionarios
o REFORMA DOS SERVIZOS INTERURBANOS, destinando á mellora das Frecuencias e Coberturas nos Municipios de orixen, os recursos que hoxe se consumen circulando por Vigo sen intercambiar pasaxeiros néses traxectos.
o MELLORA DA INFORMACIÓN E DAS INFRAESTRUCTURAS DO TRANSPORTE
· Orzamentos, Previsións e Plazos para ao desenvolvemento do Plan Move de Infraestructuras, e o Plan Galicia de Transporte Metropolitano.
· Creación de una Mesa Sectorial de Mobilidade na que teñan representación as Federacións Veciñais dos Concellos implicados, para a participación no proceso.
Federación Veciñal “O Facho”- de Cangas, Federación Veciñal “ A Chamusca”- de Moaña, Federación Veciñal “Pedra dos Acordos”- do Val Miñor