
Foto: J. Arcos
Moxenas Musical Galego é unha agrupación
artístico - musical popular e tradicional que reúne os mellores valores do Movemento Veciñal de Vigo nas distintas modalidades artísticas: interpretación de
música, canto e danza.
A agrupación ten as súas raíces no
Movemento Veciñal de Vigo onde existe unha longa tradición de escolas de música tradicional; auténticos foros de formación para a xuventude nas distintas disciplinas musicais da nosa cultura popular. Conscientes de que chegado o momento estes valores formados durante anos precisarían dunha promoción a outro
nivel superior, dende a Federación Veciñal de Vigo creouse Moxenas Musical Galego.
A
dirección corre a cargo de don
Xosé Oliveira, gaiteiro de “Noitarega” e conta coa
colaboración de autores contemporáneos de prestixio como
Ernesto Campos para algúns dos seus arranxos.
Tras varios anos de preparación interna para acoplar as diferentes disciplinas artísticas, Moxenas Musical Galego realizou a súa
estrea o 30 de abril de 2005 no Teatro – Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova de Vigo. Esta presentación estivo amadriñada por
Susana Seivane, en concerto co grupo, e contou cos apoios de recoñecidos artistas como Xosé Ferreirós de Milladoiro, a Asociación de Gaiteiros Galegos e de Antón Corral, director da banda de Gaitas Xarabal.