| Sen eventos |
A Federación
Plano de Desenvolvemento Organizativo Este plano (2004-2007) constitúe un exercicio de autodiagnose que permite coñecer en que punto de desenvolvemento organizativo se atopa a FAVEC, para axudar a planear os cambios precisos para abordar as necesidades presentes e futuras do movemento veciñal vigués e do entorno no que habita.
Debe ser entendido como unha proposta de traballo na que se fai unha descrición o máis completa posible da realidade organizativa da FAVEC e se presentan ideas, reflexións e suxestións de como debería ser dentro de 4 anos e das medidas a tomar para logralo.
Descarga aquí o Plano de Desenvolvemento Organizativo 2004-2007.