Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow Servizos Sociais arrow A FAVEC convoca para vindeiro sábado 26-F unha concentración cidadá contra a suba da luz.

A FAVEC convoca para vindeiro sábado 26-F unha concentración cidadá contra a suba da luz.

PDF   Correo-e
Luns, 21 Febreiro 2011

Terá lugar a partir das 12h da mañá fronte as dependencias de Gas Natural – Unión Fenosa na nosa cidade.


Tal e como anunciara días atrás, a Federación Veciñal de Vigo ven convocar unha concentración cidadá contra da suba da luz prevista para o mes de marzo. A mobilización que se celebrará baixo o lema “Non á suba da luz. Por un sistema tarifario socialmente xusto”, terá lugar fronte as dependencias de Unión Fenosa (Travesía de Vigo 204), este sábado 26 de febreiro a partir das 12h da mañá. A convocatoria xa foi comunicada á Subdelegación do Goberno.

Con esta acción reivindicativa, o movemento veciñal pretende facer visíbel a maioritaria oposición social contra dos sucesivos incrementos do recibo eléctrico, producidos nos últimos anos. “O vindeiro sábado, a veciñanza temos que enviar unha mensaxe clara ao Goberno Central e ao lobby eléctrico: non admitiremos ningunha suba máis no prezo da luz” afirman.

Desde a FAVEC realizarase un importante esforzo organizativo para a difusión desta convocatoria, coa edición de cartelería e o reparto de folletos explicativos entre a veciñanza, contando coa activa implicación das 35 asociacións federadas.

Así mesmo nos próximos días a federación iniciará unha rolda de contactos con diferentes organizacións sociais (asociacións de consumidores, sindicatos…) a fin acadar o seu apoio a esta convocatoria.

Esta concentración enmárcase dentro da campaña reivindicativa que está a desenvolver o movemento veciñal, e que deu inicio o pasado martes cun apagón xeral. Desde a FAVEC advirten que “esta mobilización é a primeira pero pode non ser a última”, xa que segundo sosteñen “o que está en xogo é evitar que se prexudique ás familias traballadoras para seguir a garantir beneficios mil millonarios a grandes empresas privadas”.

A Comisión Permanente.