Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow Servizos Sociais arrow A Federación Veciñal inicia unha recollida de sinaturas on line contra a suba da luz.

A Federación Veciñal inicia unha recollida de sinaturas on line contra a suba da luz.

PDF   Correo-e
Domingo, 06 Marzo 2011

A cidadanía poderá asinar desde o sitio web da FAVEC unha carta dirixida ao Ministro de Industria.

A Federación Veciñal de Vigo ven de lanzar unha recollida de sinaturas on line na súa páxina web contra da suba do recibo da luz.A través dun formulario dispoñíbel na portada do sitio web www.eduardochao.org, toda persoa que o desexe poderá asinar unha carta dirixida ao Ministro de Industria, Miguel Sebastián na que se lle solicita a paralización da suba prevista para este mes así como un sistema tarifario socialmente xusto.

O único necesario para asinar é dispor dunha conta de correo electrónico, xa que para evitar sinaturas falsas o sistema enviará unha mensaxe a ese e-mail para confirmar cada firma. Unha vez confirmada a sinatura, a carta será dirixida automaticamente por correo electrónico ao Ministro de Industria a través da Comisión Nacional de Enerxía, ente do que depende a tarificación do subministro eléctrico. O texto íntegro da carta figura nesta ligazón: http://actuable.es/peticiones/non-suba-da-luz-un-sistema-tarifario-socialmente-xusto

A intención desta iniciativa é trasladar directamente ao Goberno Central o rexeitamento social que provoca a súa política enerxética. “O obxectivo é que o Goberno deixe de permanecer xordo ante a demanda social dun sistema tarifario xusto, mentres atende con suma atención as presións das grandes empresas” afirman desde a FAVEC.

Con esta acción o movemento veciñal prosigue coa campaña reivindicativa iniciada hai varias semanas, para a que nos próximos días está prevista unha nova serie de accións.

MES CLAVE

Para o colectivo veciñal o mes de marzo é clave no seu proceso mobilizador, pois como indican é precisamente este mes cando está prevista unha nova suba de preto do 10% no recibo da luz. “A veciñanza temos que respostar agora, temos que nos mobilizar agora, porque se cadra despois xa é demasiado tarde” sinalan, facendo un chamamento para que a cidadanía intensifique a súa resposta contra destas medidas.

A Comisión Permanente.

Nonsuba-web

Xa asinaron 0 persoas
Fáltannos 0 sinaturas

Actúa agora

Nome
Apelidos
Correo electrónico
Cód. Postal