Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow Infraestructuras arrow O Movemento Veciñal de Vigo reclama o mantemento do tren Vigo-Porto.

O Movemento Veciñal de Vigo reclama o mantemento do tren Vigo-Porto.

PDF   Correo-e
Xoves, 07 Xullo 2011

A FAVEC demanda a Xunta e Fomento que tomen as medidas necesarias para garantir a continuidade da liña.

O anuncio realizado onte por parte do Goberno Portugués de que se suspenderá a conexión ferroviaria entre a nosa cidade e Valença do Minho, suporá a eliminación da única conexión por tren que une Galiza e Portugal, menoscabando a necesaria e positiva relación de ambos territorios no marco da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.

Esta lamentábel decisión, que se suma á imposición de peaxes na autovía portuguesa A-28, impedirá desprazarse desde o noso país até Porto nun medio de transporte económico, cómodo e sustentábel ambientalmente. É por iso que desde o movemento veciñal vigués suma a súa voz á demanda social do mantemento desta liña férrea.

En consecuencia, a Federación Veciñal de Vigo demanda tanto da Xunta de Galicia como do Ministerio de Fomento que impulsen con axilidade as medidas que for preciso para garantir o mantemento deste servizo.

Desde a FAVEC denúnciase tamén que esta situación enmárcase dentro dunha problemática xeral derivada da falta de apoio efectivo ao transporte ferroviario en Galiza, e nese senso demandan un maior compromiso cos camiños de ferro como elemento indispensábel para a mellor vertebración territorial do noso país.

A Comisión Permanente.