Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Programa Contable

PDF   Correo-e
Martes, 05 Decembro 2006

ImageA lei de asociacións 1/2002 do 26 de marzo obriga ás asociacións veciñais a levar a contabilidade segundo o Plan Xeral Contable, e establece que as contas teñen que reflectir fielmente o estado da asociación. É dicir, que botando un ollo a o estado de contas debemos coñecer cal é a actividade da asociación.

É a contabilidade a que moitas veces supón unha traba na xestión de moitas entidades, xa que a carga de traballo que isto supón faise dura e difícil de asumir polos responsables das asociacións. Por iso a FAVEC deseñou un plan contable que combina a formación específica coa titorización e seguimento de cada caso de forma individualizada.

O primeiro foi apuntar os conceptos básicos e xa agora temos en marcha, (durante todo un ano), un auténtico programa contable adaptado ás asociacións para facilitar o proceso de adaptación da contabilidade ao Plan Xeral Contable adaptado ás entidades non lucrativas de 1998.

Obxectivos

  • Facilitar a adaptación da contabilidade das asociacións á lexislación vixente.
  • Optimizar os recursos existentes.
  • Formar aos directivos en contabilidade para asociacións.