-
A Plataforma pola Defensa Da Sanidade Pública presentou hoxe dezaseis alegacións ao Documento de Viabilidade Económico-Financieiro do Proxecto do Novo Hospital de Vigo.
-
Rexeitase o modelo de Concesión Administrativa de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) que deixa á iniciativa privada a financiación e a construción do Hospital e a explotación e xestión de servizos non clÃnicos e áreas comerciais autorizadas.
-
Ratificase a exixencia de voltar a un modelo de financiación e xestión públicos, propio do Servizo Galego de Saude.
-
Denunciase o encarecemento dos custes do proxecto e o pago á empresa privada adxudicataria mediante un canon anual durante 20 anos que contempla un beneficio industrial do 8,7%.
-
A aplicación deste modelo suporá un deterioro importante das condicións laborais dos traballadores e da calidade na atención a saude dos cidadáns.
-
Póñense as bases da laboralización do persoal sanitario e do pago dos usuarios por recibir atención sanitaria.
Na mañá de hoxe, a Plataforma po la Defensa da Sanidade Pública presentou no Rexistro da Dirección Provincial do SERGAS, 16 alegacións o Documento de Viabilidade Económico-Financieira, sometido a información pública dende o dÃa 26 de Xaneiro, no que se presenta o recurso a un modelo de Concesión Administrativa de Obra Pública para o Proxecto do Novo Hospital de Vigo.
Documento de Viabilidade Económico-Financieiro
Trátase de un documento encargado po la ConsellerÃa de Sanidade a consultora PriceWaterhouse e no que e chamativa a súa precariedade.
Baixo a fórmula xurÃdica de concesión administrativa de obra pública, otorgase a una empresa privada, a adxudicación da Redacción Definitiva do Proxecto de Execución do Novo Hospital (polo tanto aÃnda susceptible de sufrir recortes e modificacións) a financiación, construción, explotación e xestión dunha ducia de servizos non clÃnicos (equipamento e mantemento das instalacións, lavanderÃa, cociña etc…..) e tamén a explotación de áreas comerciais autorizadas.