*Manuel Martin GarcÃa. Asociacion Galega para a Defensa dá Sanidade Pública
As listas de espera cirúrxica incrementáronse de xeito importante no último trimestre tanto en número como no tempo que deben soportar os pacientes antes de ser intervidos. Aumentaron nun:
- 26,6% os pacientes en espera entre tres e seis meses
- 30% os que esperan máis de seis meses.
De todas as maneiras é máis conveniente comparar as listas de espera en cada trimestre, dado que pode haber cambios na patoloxÃa ou na actividade dos servizos (por exemplo polo verán e as vacacións dos profesionais).
Apréciase un importante incremento nas listas respecto de decembro do ano pasado, tanto no número total de pacientes, pero sobre todo nos que máis tempo esperan.
- 32,4% de incremento nas listas de 3 a 6 meses.
- 34,5 % de incrementos nas esperas de máis de 6 meses.
O tempo de espera medio pasou de 70 dÃas a case 80.
O tempo medio de espera cirúrxica que mellorou nos últimos anos con descensos do 6,7% entre decembro 2006 e do 20088, e do 16,7% entre 2008 e 2009, volveu a deteriorase aumentando un 12 %.
O mesmo fenómeno de deterioración ha obsérvase nas listas dos meses de setembro.
A espera media de primeira consulta compórtase de igual xeito nos meses de setembro.
E nos de decembro nos que a curva de descenso se reverteu este ano
Variación decembro 2006-2007: – 2,1%
Variación decembro 2007-2008: – 8,6%
Variación decembro 2007-2008: 3,6%
* Resumo e conclusións:
1.- As listas de espera incrementáronse no último trimestre en número de persoas e tempo que deben esperar antes de ser atendidos ou intervidos cirurxicamente.
2.- A redución experimenta nas mesmas nos últimos anos de non só se detivo senón que experimentou unha importante deterioración.
3.- As incrementos na espera cirúrxica danse sobre todo nos tramos de máis tempo de espera (máis de seis meses).
Esta situación é a consecuencia lóxica de redución de gasto sanitario público da Xunta de Galicia que determinou a supresión da actividade dos centros pola tarde desviando unha parte á atención privada, a paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria e a non renovación de contratos a máis de 100 especialistas de hospital.