Desde a Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo Chao» queremos amosar publicamente a nosa satisfacción e ledicia polo rotundo éxito da mobilización celebrada onte en defensa do sector naval. A convocatoria, impulsada polas tres centrais sindicais e apoiada -entre outros- pola FAVEC, coa participación de máis de 40.000 persoas, nun berro unánime en favor dun sector produtivo estratéxico para a economía e o emprego na nosa cidade e bisbarra.

Finalmente queremos agradecer a participación de todas as persoas que se manifestaron no día de onte, pois a súa presenza era esencial para visibilizar o compromiso social en favor do naval.


Contidos relacionados:

  1. A FAVEC celebra a unanimidade do Consello Social da Cidade en defensa do sector naval e chama a unha manifestación multitudinaria.
  2. O movemento veciñal de Vigo adhírese á convocatoria de manifestación en defensa do sector naval.
  3. A Federación Veciñal de Vigo reclama das administracións públicas o máximo apoio ao sector naval.