O Movemento Veciñal de Vigo reclama o mantemento do tren Vigo-Porto.
A FAVEC demanda a Xunta e Fomento que tomen as medidas necesarias para garantir a continuidade da liña.
O anuncio realizado onte por parte do Goberno Portugués de que se suspenderá a conexión ferroviaria entre a nosa cidade e Valença do Minho, suporá a eliminación da única conexión por tren que une Galiza e Portugal, menoscabando a necesaria e positiva relación de ambos territorios no marco da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.
A Federación Veciñal inicia unha recollida de sinaturas on line contra a suba da luz.
A cidadanía poderá asinar desde o sitio web da FAVEC unha carta dirixida ao Ministro de Industria.
A Federación Veciñal de Vigo ven de lanzar unha recollida de sinaturas on line na súa páxina web contra da suba do recibo da luz.A través dun formulario dispoñíbel na portada do sitio web www.eduardochao.org, toda persoa que o desexe poderá asinar unha carta dirixida ao Ministro de Industria, Miguel Sebastián na que se lle solicita a paralización da suba prevista para este mes así como un sistema tarifario socialmente xusto.
A FAVEC pídelle ao Alcalde que rectifique as medidas que dificultan o acceso de público aos Plenos.
O movemento veciñal oponse á prohibición de acceso ao Pleno a quen porte carteis ou a quen tivera participado presuntamente en incidentes previos.
- Descarga: Carta da Comisión Permanente da FAVEC ao Alcalde (PDF)
A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” ven de remitirlle, a través do rexistro telemático do Concello, unha carta ao Alcalde na que lle demandan que proceda á rectificación urxente das medidas que se teñen adoptado dun tempo a esta parte e que dificultan o acceso da cidadanía ás sesións plenarias.
Centos de veciñas/os de Vigo, convocados pola FAVEC, concéntranse contra a suba da luz.
A concentración tivo lugar fronte as dependencias de Gas Natural – Unión Fenosa na cidade de Vigo, entre as 12 e as 12:40h da mañá de hoxe.
Na mañá de hoxe tivo lugar a concentración convocada pola Federación Veciñal de Vigo contra o incremento do prezo da electricidade. Varios centos de persoas secundaron o chamado da FAVEC baixo o lema “Non á suba da luz. Por un sistema tarifario socialmente xusto.
- A FAVEC convoca para vindeiro sábado 26-F unha concentración cidadá contra a suba da luz.
- A Federación presenta no Concello unha moción contra a suba da luz e pide intervir no pleno.
- A FAVEC convoca o 15 de febreiro un ‘apagón’ reivindicativo en Vigo contra da abusiva suba da luz.
- O movemento veciñal vigués iniciará unha campaña reivindicativa contra da suba do recibo da luz.
Blogs

Escríbelle ao Ministro de Industria contra a suba da luz!
Boletín Informativo
No Twitter
Sanidade
|





